"Estou chorando en Portugal as minhas bagoas van ó mar
Esta chovendo en Portugal é o meu pranto cheo de sal."
Anxo Moure
Manual de intruccións
Para unha inmediata e boscosa revolución. Galiza, Setembro 2004. O país sufre as 30.000 (e pico) hectáreas queimadas no seu cativo veran (apagado pola fertil chuvia). Os bosques vizosos son hoxe ermas terras escuras de cinzas labradas. Precisamos da resistencia, necesitamos revolución, a revolución dos carballos con botas. ¿Queres participar? .
Anxo Moure
Manual de intruccións
Para unha inmediata e boscosa revolución. Galiza, Setembro 2004. O país sufre as 30.000 (e pico) hectáreas queimadas no seu cativo veran (apagado pola fertil chuvia). Os bosques vizosos son hoxe ermas terras escuras de cinzas labradas. Precisamos da resistencia, necesitamos revolución, a revolución dos carballos con botas. ¿Queres participar? .
Pásao¡ Manual de instruccións:
1.- Sair de caceria cara un contendor de lixo, unha veiguiña fluvial ou unha praia esplendorosa para cazar unha (ou varias) botas vellas, furadiñas e aburacadas.
2.- Partir en bici ou camiñando cara unha carballeira rural ou mesmo urbana.
3.- Dar unha apreta a unha carballa vella e cantarlle unha canción anterga.
4.- Recoller en cesta de salgueiro unhas poucas landras (que nos chamamos belotas).
5.- Facer alto nunha horta recollendo un saquiño de terra.
6.- Inzar a bota de terra sementando dentro dela unha (ou duas) belotas.
7.- Humedecela con fecuenza o longo do futuro outono-inverno.
8.- Bendecila co sol da primavera.
9.- Agardar o nacemento do carballo anano no seu berce calzado.
10.- Levalo a unha escola para que os nenos vexan nacer e medrar unha árbore (autentica revolución ludico-pedagóxica) .
11.- Ceibala no inverno seguinte nun bosque ardido.
12.- Agardar cuarenta (ou cincuenta) anos.
13.- Festexar a revolución con máis apretas e cantigas modernas nunha fraga (por fin sen Fraga). (por cuestión de belotas, non de pelotas).
Asdo. un carballo calzado.
Asdo. un carballo calzado.
Foto de Barcoantigo
3 comentários:
vamos pegar nessa receita e fazer uma revolução,mas nao esperemos 40 ou 50 anos.É agoraaaaaaaaaa...!
destroçar..de preferência, corações.
si,si..que me gustam lás belotas..que rediondas qui son coraçon..
A Galiza e o Minho serão sempe irmãos siameses separados à nascença...
Verde é verde e não tem nacionalidade.
:)
Enviar um comentário